Nelly Sachs.

Premio Nobel de Literatura 1966

Nelly Sachs (Schöneberg, Alemaña, 10 de decembro de 1891 – Estocolmo, Suecia, 12 de maio de 1970) foi unha escritora e poeta alemá, gañadora do premio Nobel de Literatura en 1966.

De relixión xudía, empezou a escribir aos 17 anos, e durante a súa primeira etapa dedicouse especialmente á poesía romántica.

Durante a Segunda Guerra Mundial exiliouse en Suecia, onde foi recibida pola afamada escritora Selma Lagerlof a quen lle dedicou a súa primeira obra, Lendas e relatos (1921), e grazas a cuxos bos oficios logrou fuxir coa súa nai a Estocolmo en maio de 1940. Na capital sueca, onde residiu ata a súa morte, consagrouse a escribir a súa obra poética e dramática, profundamente influída polo Zohar, a tradición cabalística, o jasidismo, a Biblia e a mística de Jakob Böhme.

En 1947 apareceu, en Berlín oriental, o seu primer libro de poemas Nas moradas da morte, dedicado aos seus “irmáns e irmás” desaparecidos nos campos de exterminio nazis. Cunha linguaxe de sobrio despoxamento, que recolle ecos dos libros proféticos e os Salmos do Antigo Testamento, evoca nel os padecementos do pobo xudeu a través dun complexo entramado de símbolos que acada particular intensidade na obra Pregarias polo noivo morto.

A temática da persecución e a fuga vertebra os seus poemarios Eclipse estelar (1949), E ninguén sabe máis (1957) e Fuxida e metamorfose (1959), que serían recollidos no volume Alén do po (1961). Dos seus poemas escénicos, reunidos baixo o título Sinais na area (Zeichen im Sand, 1962), convén salientar Eli (1951), no que o destino de Israel, igual que nas obras líricas, se converte en símbolo da existencia humana.

En 1966 compartíu o Premio Nobel de Literatura co novelista hebreo Shemuel Joseph Agnon.

Tamén cabe mencionar a súa obra A paixón de Israel (Das Leiden Israels) e postumamente apareceron Poemas e prosas temperás (1983).

_____________

FONTES:

Mujerícolas

Wikipedia

Biografías y vidas

PARA SABERES MÁIS

Nelly Sachs – A media voz

Nelly Sachs: Poemas

1 COMENTARIO

  1. You completed a number of fine points there. I did a search on the theme and found the majority of folks will agree with your blog. geeegeeedbcd

DEIXAR UNHA RESPOSTA