logopobra

CONCURSO DE LOGOS

Dende o Equipo Erasmus+ do IES de A Pobra do Caramiñal convócase un concurso de logos para un dos Proxectos Europeos nos que participa o Centro, que leva como título “Inventions and Cultural Behaviour”, será imprescindible a relación co tema e que a creación sexa propia.

Temática: O proxecto trata de incrementar a motivación e o interese do alumnado analizando vellos e novos inventos e avances tecnolóxicos e o seu impacto. Os principais aspectos a tratar son: tecnoloxía dos alimentos, comunicación, química e medicina.

Países participantes: Lituania, Polonia, Turquía, Italia, Rumania, Eslovenia e España.

Formato:

  • Dixital: envialo en .jpg ou .png (pódense usar programas como inkscape) ó correo do centro: pobra.caraminal@edu.xunta.es.
  • Papel: entregalo na secretaría do centro.

Data límite de entrega: 20 de Xaneiro de 2017

Quen pode participar?

Alumn@s de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato.

Cales son os premios?

1º premio: Unha das visitas programadas a un dos países participantes nos Proxectos Europeos.

2º e 3º premios: pustos extra no baremo para asistir a algunha das  visitas programadas para este curso.

 

 

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA