logopobra

Desde o IES da Pobra do Caramiñal recordamos que  o próximo martes 9 de maio de 2017 terá lugar o acto de entrega de premios da XII Bolsa a deportistas Juan Lampón para o curso 2016/17. Será ás 10:00 horas da mañá no Salón de Usos Múltiples (SUM).

Contaremos coa presenza do deportista convidado Javier Puñal Silva (baloncesto), para falar da súa experiencia no deporte.

O acto estará presidido por Lola Outeiral, nai de Juan Lampón.

No seguinte enlace está o alumnado gañador de este ano. Parabéns.

Gañadoras e gañadores da Bolsa Juan Lampón

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA