Xunta-de-Galicia_logo-550x185[1]

Convocatoria para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2017/18:

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

As solicitudes deberán presentarse presencialmente preferiblemente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.es

b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación. Así mesmo, a aplicación informática permitiralle aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.

dog_convocatoria_fondolibros_axudaslibros_e_material_escolar_2017

SOLICITUDE LIBROS (ANEXO I)

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA