cofinanciado
O IES de Pobra do Caramiñal leva participando máis dunha década en diferentes proxectos europeos Comenius e agora Erasmus + .  A  participación  en  proxectos  transnacionais  é  un  aspecto  ó  que  o  noso centro  da  gran importancia,  xa  que  nos  permite  ampliar  a  dimensión  europea  e  a  cooperación  con  outras  escolas , entrando en contacto con prácticas educativas innovadoras e métodos organizativos de distintos países.  Así mesmo tense revelado como importante fonte de motivación e de dinamización en diversos ámbitos, así como provedora de experiencias intensas de aprendizaxe e convivencia.

Durante o curso 2017/18 imos a desenvolver  4 proxectos,

  • 2 Proxectos Erasmus + KA1 de formación do profesorado:
    • Internacionalización e calidade na escola (2016-2018)
    • Formación continua para a internacionalización e mellora da calidade na nosa escola (2017-19)

 

  • 2 Proxectos KA2. Proxectos de cooperación escolar (inclúe participación e mobilidade de alumnos)
    • “Inventions and cultural behaviour”. (2016-2018)
    • “A Call From Schools ‘For The Less Destruction Let’S Reduce The Consumption’ (2016-2018)

 

PROXECTOS  ERASMUS + KA1

Internacionalización e calidade na escola (2016-2018)

Este proxecto comezou no curso 2016-17 e rematará e febreiro de 2018. As actividades foron deseñadas para que os profesores melloren as súas competencias nas linguas estranxeiras e no ámbito do deseño e implementación de proxectos europeos de calidade.

Os cursos de formación programados neste proxecto  son os seguintes:

  • 2 cursos “Quality EU Project Management Erasmus+”  dirixidos a profesores do  centro involucrados en proxectos europeos . Realizarase durante xaneiro de 2018, e xa se realizou a selección dos participantes no curso pasado.
  • 3 cursos de perfeccionamento en lingua inglesa dirixidos principalmente a profesores de aulas bilingües (CLIL), profesores de lingua estranxeira e profesores participantes en proxectos europeos . Xa realizado por tres profesores do centro durante a primeira quincena do pasado mes de xullo .

Formación continua para a internacionalización e mellora da calidade na nosa escola (2017-19)

As actividades incluídas no proxecto foron seleccionadas para que os profesores implicados nas distintas accións e programas que se tratan de promover no centro, como Seccións Bilingües e Programas europeos Erasmus +, actualización dixital ou programas de convivencia escolar sexan os que participen e melloren as súas competencias a múltiples niveis, con especial enfoque nas linguas estranxeiras e no ámbito da mellora da competencia dixital e Novas Tecnoloxías da información e a Comunicación.

Inclúe a realización de 14 cursos no estranxeiro por parte do profesorado do noso centro.

Os cursos son os seguintes:

  • 6 cursos de perfeccionamento en lingua inglesa dirixidos principalmente a profesores de aulas bilingües (CLIL), profesores de lingua estranxeira e profesores participantes en Proxectos Europeos. Inglaterra .
  • 2 cursos Scaffolding Thinking Skills in CLIL, a realizar en Finlandia, dirixidos a profesores do centro involucrados en Seccións Bilingües.

http://www.schooleducationgateway.eu/es/pub/teacher_academy/catalogue/detail.cfm?sid=24855

  • 2 cursos Build your App, teach your students how to build their Apps!, a realizar en Italia, dirixida a profesores de Tecnoloxía en particular e en xeral a todo o profesorado implicado nos programas de formación do centro.

http://www.europass.it/en/teacher-training/ict-social-media/build-your-app.html

 

 

Desenvolveranse nos vindeiros 2 cursos, e no mes de outubro comezaranse as actividades relacionadas co proxecto.

 

 

PROXECTOS  ERASMUS + KA2

Durante este curso continuaremos cos dous proxectos nos que estamos traballando.

KA2  “Inventions and cultural behaviour”. (2016-2018)

  • Socios: Lituania (coordinador), Polonia, Turquía, Italia, Rumanía, Eslovenia
  • O proxecto trata de incrementar a motivación e o interese do alumnado analizando vellos e novos inventos e avances tecnolóxicos e o seu impacto . Os principais aspectos a tratar son: tecnoloxía dos alimentos, comunicación, química e medicina
  • Está prevista un encontro de centros no noso IES para o mes de outubro de 2017. Recibiremos profesores e alumnos dos seis países socios, e organizaremos actividades nas que esperamos que toda a comunidade educativa participe. Os alumnos estranxeiros serán aloxados polos nosos alumnos nas súas casas, co cal as familias tamén serán participantes neste proxecto.

 

KA2 “A Call From Schools ‘For The Less Destruction Let’S Reduce The Consumption’ (2016-2018)

  • Socios: Turquía (coordinador), Lituania, Italia, Grecia, Romanía
  • O proxecto ten entre os seus obxectivos incrementar a concienciación sobre a utilización dos recursos naturais , profundar nas consecuencias e posibles solucións en canto a contaminación do medio ambiente, e o desenvolvemento de actitudes de responsabilidade e eficiencia no uso dos recursos e a enerxía a nivel escolar.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA