Erasmus +: alumnos e profesores do IES de Pobra en Campobasso, Italia

0
176

Dentro do programa europeo do Ies Pobra do Caramiñal, esta semana corresponde a unha parte do grupo Erasmus+ desenvolver actividades en Italia.

Concretamente Angela, Martin, Teresa, Iago e Adrián, acompañados por Carmen, Lola e Angel Vidal, son os que están a participar no intenso programa de actividades que lles ten preparado o Istituto di Istruzione Secondaria Superiore “Leopodo Pilla”, na localidade italiana de Campobasso.

Este programa, ademais de actividades no propio instituto, inclúe numerosas visitas de carácter formativo a museos, centrais hidroeléctricos ou de muíños de vento, plantas de reciclaxe, etc., todo elo dentro do programa “A call from schools: for less destruction, let´s reduce the consumption. Podedes consultar o programa de actividades na seguinte páxina: A call from schools

Pero, adiantándose ao programa, un extra nada desdeñable: unha visita exprés por Roma, neste caso en compañía da metade dos participantes no encontro: as delegacións de Turquía e Lituania.

Percorrer Roma sempre é unha delicia, aínda que os pes acaben desfeitiños.

 

Valora o interese

NO COMMENTS

LEAVE A REPLY