O pasado venres 27, o alumnado de 1º de ESO visitou na Casa da Cultura da Pobra do Caramiñal a exposición LIBERTAS de Olegario Sampedro.

Foi o propio autor o que guiou a visita polas diferentes creacións que denuncian casos de falta de liberdade de expresión no mundo e tamén en Galicia (na persoa de Xosé Luís Méndez Ferrín).

A actividade estaba organizada polos departamentos de Plástica, Orientación e o EDLG.

Podes atopar máis fotos da visita clicando AQUÍ.

Valora o interese

NO COMMENTS

LEAVE A REPLY