Erasmus+: alumnos e profesores do IES de Pobra en Turquía e Lituania

0
60

Esta semana esta chea de actividades internacionais para a nosa comunidade educativa, dentro dos dous proxectos europeos de cooperación escolar que o noso IES está levando a cabo.

Por unha banda, catro alumnos e tres profesores do IES estan realizando unha actividade de formación en Istambul, dentro do proxecto Erasmus+ Old inventions and culture. Nestes días están convivindo con outros alumnos e profesores de Lituania, Italia, Eslovenia, Polonia, Romanía e Turquía, compartindo o seu traballo, realizando presentacións e aprendendo sobre o tema do encontro: os inventos e innovacións relacionados coa Medicina. E por suposto, vivindo unha grande experiencia de convivencia e coñecendo unha cidade tan interesante como Istambul e a cultura turca.

Asemade, un grupo de tres profesores están participando nunha reunión de coordinación do outro proxecto no que participamos, A call from schools, for the less destruction , Let’s reduce the consumpton. Esta é a última reunión do proxecto, e nela están realizando a súa avaliación final, coñecendo o sistema educativo e a cultura lituanos. Neste encontro participan profesores de Turquía, Romanía, Grecia, Italia, e os anfitrións lituanos.

Xa estamos a rematar os proxectos Erasmus+ de cooperacion escolar nos que participamos. Esperamos poder continuar no vindeiro curso con máis proxectos e novos retos, e seguir a manter contacto con outras escolas e outras culturas.

Valora o interese

NO COMMENTS

LEAVE A REPLY