Un ano máis tivemos o privilexio de contar coa visita de LEDICIA COSTAS que veu falar co alumnado de 2º de ESO e PMAR.

A autora vén de ganar esta fin de semana o Premio á mellor obra infantil do ano na Gala do Libro Galego coa obra A señorita Bubble, ilustrada por Andrés Meixide.

Este curso no IES lemos dous libros de Ledicia Costas, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta e Unha estrela no vento. Visita de Ledicia Costas 2018
Se premes nos títulos levarante ás fichas de lectura que ofrece a editorial sobre estas obras.

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Unha estrela no vento

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA