cartaz silsNo marco dos PFPP deste curso os vindeiros 25 e 26 de novembro teremos a oportunidade de compartir no IES da Pobra dúas sesións de formación cos nosos compañeiros do IES de Porto do Son e do IES Félix Muriel de Rianxo. Nesas dúas xornadas recibiremos a representantes do Institut de Sils de Xirona, un centro que nos ten moito que ensinar no ámbito do traballo por proxectos.

O Institut de Sils ten consolidado o traballo por proxectos en ESO. Os principios ideolóxicos do centro son o fomento dunha didáctica do grupo heteroxéneo, unha avaliación centrada nos procesos, un enfoque global da aprendizaxe e unha prioridade dos valores.

Para levalos á práctica, ponse en marcha unha engrenaxe pedagóxica baseada nunha pirámide onde existe unha formulación progresiva e por franxas horarias (o horario non se confecciona por materias), pasando de menos a máis autonomía, de menos a máis personalización, e de menos a máis protagonismo do alumnado.

As materias son substituídas por ámbitos temáticos, sesións de práctica de habilidades e proxectos, ao que hai que engadir os obradoiros específicos de expresión. Todo isto, acompañado de titorías individuais e grupais que levan a todo tipo de actividades, dinámicas, técnicas de estudo… Os grupos de servizo que vinculan a comunidade escolar co entorno local son un elemento clave do sistema e posibilitan a apertura do centro e a autoxestión en diversos aspectos (mantemento das instalacións, etc.).

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA