Festa final de proxectos Erasmus +

0
65

Este xoves o fin de curso foi un pouco distinto para boa parte dos alumnos do Ies Pobra do Caramiñal.
Como broche final celebrouse un acto no cine Elma, no cal realizamos a entrega de premios aos gañadores do concurso “CADA XESTO CONTA”, que se desenvolveu ao longo de 10 semanas entre todo o alumnado do insti.
Nas bases do concurso establecíase un gañador por cada un dos tres edificios que conforman as dependencias do centro educativo, polo que resultaron gañadores a 4B, 3A e 1D, cunha gran diferencia de puntos a favor de 1D, polo que o xurado nomeo aos alumnos deste grupo gañadores absolutos.
Aproveitamos tamén este acto para poñer broche final a estes dous proxectos, polo que asistiron tamén algúns dos alumnos participantes nos proxectos; aínda que oficialmente rematarán en setembro, para o alumnado está será moi probablemente a última actividade.
Podedes ter máis información desta actividade no seguinte enlace :
http://acall.erproject.eu/?p=644

Valora o interese

NO COMMENTS

LEAVE A REPLY