Erasmus+ A Call from Schools: Profesores e alumnos do IES de Pobra participan no primeiro encontro de formación en Karditsa, Grecia

0
20

Unha delegación do IES de Pobra do Caramiñal, composta por catro alumnas e tres profesores do centro, participaron na cidade de Karditsa, Grecia, no primeiro encontro de centros do proxecto A Call from Schools.

Tras una longa viaxe chegaron a esta pequeña cidade do centro de Grecia, foron recibidos pola escola anfitriona, 1st EPAL of Karditsa, que foi a encargada de organizar o encontro.

Profesores e alumnos tiveron oportunidade de amosar o traballo realizado nas respectivas escolas, visitaron centros de producción de enerxías renovables da zona, realizaron sesión de formación en enerxías renovables e coñeceron a zona, visitando museos e lugares Patrimonio da Humanidade como Meteora.

Tras o encontro, e antes de regresar á casa, puderon parar en Atenas e visitar esta cidade e a súa Acrópole.

Un intenso programa de actividades que lles permiteu mellorar a súa formación, coñecer novos compañeiros de múltiples países, mellorar as súas habilidades comunicativas, e en definitiva ter una experiencia inesquecible.

 

Valora o interese

NO COMMENTS

LEAVE A REPLY