Visita do profesor e científico Ángel Carracedo ó IES de Pobra do Caramiñal

0
103

Hoxe pola mañán recibimos a visita de Ángel Carracedo, licenciado e doutor en Medicina Legal pola USC, e que ten un amplo recoñecemento nos campos da Xenética e da Medicina Legal, dos que é una referencia mundial. Creou na USC o grupo de investigación de Medicina Xenómica, que se converteu en líder mundial en xenética forense, e constitúe unha referencia en xenómica comparada e de poboacións, polo que entidades de todo o mundo requiren a súa intervención para investigacións nos que sexan necesarias a identificación de vítimas.

Conta con moitos e variados recoñecementos a nivel nacional e internacional,  pero ademáis de polo seu percorrido profesional, destaca pola súa visión humanizada da Ciencia e o seu compromiso pola divulgación científica.  

Os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato asistiron á súa charla ¨Pescando xenes”, na que tranmiteu a súa paixón pola Ciencia. Fixo un repaso da súa experiencia vital achegándose á Xenética dende a súa Santa Comba natal ata Upsala e de volta para Santiago de Compostela, explicou o seu traballo coordinando un equipo de máis de 100 investigadores, achegándonos a complexos conceptos científicos e as súas aplicacións dun xeito ameno e accesible.

Foi un encontro que profesores e alumnos disfrutamos e que se nos fixo corto. Esperamos poder volver a contar no futuro con este fantástico científico e divulgador.

 

 


 

 

    

 

Valora o interese

NO COMMENTS

LEAVE A REPLY