Proxectos Erasmus + no IES de Pobra no curso 2018-19

0
53

O IES de Pobra do Caramiñal leva participando máis dunha década en diferentes proxectos europeos Comenius e agora Erasmus + . A participación en proxectos transnacionais é un aspecto ó que o noso centro da gran importancia, xa que nos permite ampliar a dimensión europea e a cooperación con outras escolas , entrando en contacto con prácticas educativas innovadoras e métodos organizativos de distintos países. Así mesmo tense revelado como importante fonte de motivación e de dinamización en diversos ámbitos, así como provedora de experiencias intensas de aprendizaxe e convivencia.
Durante o curso 2018/19 imos a desenvolver 2 proxectos,

  • 1 Proxecto Erasmus + KA1 de formación do profesorado: Formación continua para a    internacionalización e mellora da calidade na nosa escola (2017-19)
  • 1 Proxecto KA2. Our Intangible Heritage. A Value for the Furure

PROXECTO ERASMUS + KA1

Formación continua para a internacionalización e mellora da calidade na nosa escola (2017-19)
As actividades incluídas no proxecto foron seleccionadas para que os profesores implicados nas distintas accións e programas que se tratan de promover no centro, como Seccións Bilingües e Programas europeos Erasmus +, actualización dixital ou programas de convivencia escolar sexan os que participen e melloren as súas competencias a múltiples niveis, con especial enfoque nas linguas estranxeiras e no ámbito da mellora da competencia dixital e Novas Tecnoloxías da información e a Comunicación.
Inclúe a realización de 14 cursos no estranxeiro por parte do profesorado do noso centro.
Os cursos son os seguintes:
6 cursos de perfeccionamento en lingua inglesa dirixidos principalmente a profesores de aulas bilingües (CLIL), profesores de lingua estranxeira e profesores participantes en Proxectos Europeos. Inglaterra . Estos cursos xa foron realiados en Xullo de 2018
– 2 cursos Scaffolding Thinking Skills in CLIL, a realizar en Finlandia, dirixidos a profesores do centro involucrados en Seccións Bilingües.
http://www.schooleducationgateway.eu/es/pub/teacher_academy/catalogue/detail.cfm?sid=24855
– 2 cursos Build your App, teach your students how to build their Apps!, a realizar en Italia, dirixida a profesores de Tecnoloxía en particular e en xeral a todo o profesorado implicado nos programas de formación do centro.
http://www.europass.it/en/teacher-training/ict-social-media/build-your-app.html
– 2 cursos MEDIA EDUCATION FIghting bullying and foster inclusion, dirixida ó profesorado do centro que participa nos programas de formación e en proxectos europeos especialmente. http://www.schooleducationgateway.eu/de/pub/teacher_academy/catalogue/detail.cfm?id=33075
– 2 cursos Learn how to create an e-learning platform and a website in one week en Italia, dirixidos ó profesorado do centro participante en proxectos europeos. Xa realizado no mes de xullo de 2018 http://www.schooleducationgateway.eu/cz/pub/teacher_academy/catalogue/detail.cfm?id=15911

A selección do profesorado participante xa se realizou no curso 2017-18. Quedan 6 formacións  para desenvolver neste curso 2018-19

PROXECTO ERASMUS + KA2

Neste curso 2018-19 e no vindeiro imos participar no proxecto europeo Erasmus+ Our Intangible Heritage. A Value for the Future, do que somos a escola coordinadora. Temos como socias outras catro escolas de toda Europa: Estonia, Grecia, Portugal e Turquía.
A participación nestes proxectos constitúen una oportunidade para aprender e son una fonte de motivación para alumnos e profesores
Neste proxecto en concreto imos estudar o noso patrimonio inmaterial, que constitúe una gran riqueza cultural, e está en risco de perda debido ó cambio nas costumbres e relacións interpersonais e a uniformidade promovida polos medios

Valora o interese

NO COMMENTS

LEAVE A REPLY