Proxecto Erasmus + KA2 Patrimonio. Visita de profesores de Turquía, Grecia, Estonia e Portugal ó IES de Pobra do Caramiñal

0
70

Nestes días recibimos a visita de 13 profesores das catro escolas europeas que participan con nos no proxecto Erasmus + Our Intangible Heritage. A Value for the future. Dende hoxe e durante toda a semana participan xunto con profesores e alumnos do noso IES no primeiro encontro internacional do proxecto, que ten lugar no noso centro como coordinadores do mesmo.

Nestes día sucederanse as reunións de coordinación, preparando as actividades a realizar durante dous anos, sesión de formación en aspectos tales como o Traballo por Proxectos ou eTwinning, talleres e conferencias.

No día de hoxe realizouse a benvida a todos eles ó noso centro e a inauguración do encontro. A directora, Margarita Saborido, o coordenador Erasmus+ Alejandro Bovillo, e o coordenador do proxecto, Ángel Vidal, tomaron a palabra para darlle a benvida e agradecerlle a súa asistencia ó encontro. Os alumnos de 3º e 4º de ESO, así como alumnos de proxectos Erasmus + de convocatorias anteriores tamén participaron do acto de benvida.

 

Os profesores estranxeiros presentaron os seus países e as súas escolas, e a continuación fixeron una visita ás polas distintas dependencias do noso centro, guiados polos alumnos do IES Pobra.

 

A sesión da mañán rematou cunha presentación por parte dos alumnos de 1º e 2º de Bacharelato sobre o Camiño de Santiago, recoñecido dende 1993 como Patrimonio da Humanidade.

Valora o interese

NO COMMENTS

LEAVE A REPLY