Erasmus+. Gañadores do concurso de logos do Proxecto Inventions and cultural behaviour.

0
20

A semana pasada celebrouse no Centro a votación para escoller a imaxe que presentaremos no concurso de logos do proxecto “Inventions and Cultural Behaviour”.
Resultou gañador o realizado por Adrián Núñez Fernández, de 4º B. O seu logo será presentado no concurso que terá lugar en Romanía, no vindeiro mes de febreiro.
Este concurso será unha das moitas actividades do encontro Erasmus+ que terá lugar en Poiana Sibiului, do 5 ao 11 de febreiro. Xirará ao redor dos inventos e a súa incidencia no comportamento cultural. Estarán representándonos tres alumn@s de 3º de ESO: Leila Barral, María Villamayor e Jacobo Escurís, e irán acompañados por Antón Parada e Ana Bueno.
Aquí tedes os tres máis votados, e algunhas imaxes do resto.

 

 

 


 

 

5 (100%) 1

NO COMMENTS

LEAVE A REPLY