Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego o pasado mércores 4 de novembro, como en anteriores edicións, a Coordinadora Galega de ENDL convidounos a todos os centros educativos non universitarios a participar nunha videoconferencia vía web.

Debido a problemas de conexión do noso centro, non puidemos nesa ocasión acceder á conferencia, traémola hoxe aquí.

Relator: Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. Breve nota biográfica.

Sinopse: Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso “eu”, as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o “eu” cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA