II Certame Curtas co Móbil do IES da Pobra do Caramiñal

0
208

 

II Certame Curtas co Móbil IES da Pobra do Caramiñal 2016

BASES DO CERTAME

II Certame“Curtas co móbil

IES A Pobra do Caramiñal”

ORGANIZACIÓN

Esta actividade está organizada por Vicedirección e o EDLG.

Designarase unha Comisión Organizadora encargada de recibir as obras, avaliar a súa adecuación ás bases, promover o certame, realizar os pases ao alumnado e organizar a entrega de premios e, se for o caso, resolver e decidir sobre calquera outro aspecto non previsto nas presentes bases.

2º TEMÁTICA

A temática será libre mais condicionada. O venres 19 de febreiro, no segundo recreo, reunirase a todos os participantes no SUM e daráselles algunha instrución nova e concreta que obrigatoriamente deberá aparecer na curta, de tal xeito que sexa imposible a súa realización fóra do tempo establecido.

Será eliminada do concurso calquera produción que non respecte os dereitos fundamentais dos seres vivos e conteña calquera tipo de contido discriminatorio ou ofensivo.

3º NORMAS DE PARTICIPACIÓN

1. Poderán optar aos premios os traballos rodados en sistema de gravación arquivo formato AVI ou Windows Media Player.

2. As obras presentadas terán que ser entregadas en soporte vídeo dixital (DVD, CD, Pendrive) a primeira hora do luns 22 de febreiro, na sala de Dirección do IES, acompañadas da documentación que nesta mesma sala haberá ao efecto.

3. As obras rodaranse principalmente co móbil, ainda que pode ser utilizado calquera outro medio: vídeo, cámara fotográfica, etc.

4. A duración non excederá en ningún caso os 10 minutos, créditos incluídos.

5. O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o Galego, non admitíndose ningún outro agás para a incorporación de textos alleos. Neste caso poderá incorporarse no idioma en que foron redactados.

6. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.

7. As obras presentadas deberán ir nomeadas no arquivo co nome do director que figure na inscrición feita.

8. No segundo recreo do venres 19 de febreiro, no SUM, daranse as instrucións oportunas para a creación da curta e dispoñerase de toda a fin de semana para a súa realización.

9. Todo o gravado deberá ter a autorización das persoas que aparezan.

10. As obras proxectaranse na Semana Cultural. As persoas participantes cédenlle ao IES da Pobra o dereito de distribución pública sen ánimo de lucro da súa obra.

11. Todo o necesario para a gravación (teléfono, cámara, pincho, atrezzo, etc.) será achegado polos concursantes e se nalgún momento necesitan de ordenador, do equipo da emisora, ou doutro material, requirirano en Dirección.

12. Responsabilidades legais. O concursante será o único responsable da súa curtametraxe. A organización do festival declina toda a responsabilidade da curta e do seu contido sobre a persoa participante.

13. O material enviado ao inscribirse non será devolto.

4º INSCRICIÓN A inscrición será realizada pola persoa que dirixa a curta nas páxinas de rexistro que se pasarán polas aulas, nelas farase constar as persoas participantes, o curso e grupo ao que pertencen. A inscrición compromete á presentación dos inscritos no segundo recreo do venres 19 de febreiro, no SUM, onde se lles darán as instrucións oportunas para a realización da curta.

5º. XURADO Unha votación popular de alumnado e profesorado realizada nos pases das curtas na Semana Cultural decidirá as curtas premiadas. O ditame do xurado será inapelábel.

6º PREMIOS

1º premio: 6O € cambiables

2º premio: 30 € cambiables

3º premio: 15 € cambiables

• Os premios poderán variar se algunha entidade colabora no concurso.

• De non ter un número de participantes e de votantes axeitado, a Comisión da Semana Cultural resérvase o dereito de declarar deserto o premio.

7º RESPONSABILIDADE A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases por parte de cada participante. Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningún tipo de reclamación.

5 (100%) 1

NO COMMENTS

LEAVE A REPLY