A Deputación da Coruña libera 4 novas imaxes de Rosalía de Castro

0
564

Rosalía 2016A Deputación da Coruña, a través da súa área de Cultura, pon en libre circulación catro novas imaxes de Rosalía de Castro creadas para a ocasión por catro deseñadoras. Unha lectura colectiva de poemas da autora conmemorará na Biblioteca Provincial o aniversario do nacemento da escritora galega máis universal.

Rosalía 2016 2

Uqui Permui, Aurora Cascudo, Aldara Prado e Paula Mayor son as ilustradoras que crearon as catro novas imaxes de Rosalía de Castro que a Deputación da Coruña “libera” con motivo do aniversario do nacemento da escritora.

Rosalía Aurora Cascudo 2016

“Son catro novas interpretacións desde catro creadoras de hoxe da que é un referente indiscutíbel da nosa cultura. Rosalía foi interpretada a través da poesía, da música, do teatro ou as artes plásticas e nós quixemos que catro ilustradoras deitasen a súa mirada sobre ela para que, como as grandes iconas do noso tempo, a súa imaxe se difundise nas redes de maneira exponencial”, comenta a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei.

screenshot-www dicoruna es 2016-02-22 22-37-19

Como acontece en datas moi sinaladas e de gran relevancia, a fachada da Deputación da Coruña –no lado do Teatro Colón- loce dúas faixas inmensas nas que se mostran as imaxes de Uqui Permui, Aurora Cascudo, Aldara Prado e Paula Mayor. As imaxes, por acordo coas autoras, circularán libremente polas redes sociais e desde a área de Cultura convídase a que sexan publicadas en calquera dos posíbeis soportes e, de maneira especial, nas redes sociais.

Valora o interese

NO COMMENTS

LEAVE A REPLY