todosjpgEsta foi unha fin de semana de éxitos para os atletas da Pobra do Caramiñal.ANTONCAMPIONO alumno de 4 de ESO, Antón Fernández, campión galego xuvenil de lonxitude, con 6,30 metros, a súa mellor marca persoal que supera en máis de medio metro a anterior. Sitúase deste xeito entre os 15 primeiros do ránking nacional.

A ex alumna Iria Forján, campiona galega de lonxitude e de 50 metros na categoría júnior, realizou a mellor marca galega e segunda española do ano, cun salto 5,72 metros.

Outro ex alumno, Pablo Rial, fíxose co subcampeonato galego xuvenil de 800 metros.

Mentres, o alumno Mauro Paredes competía no Campionato de España de natación en Terrasa na categoría júnior.

 

 

 

 

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA