osdousdesempre_

OS DOUS DE SEMPRE

Castelao (1934)

A simple vista, é a historia das vivencias de dous amigos, os que a vida leva por diferentes camiños. A repercusión que ten para o seu futuro as decisións que toman no seu entorno familiar.

RAÑOLAS

É admirable, que un rapaz con tanta discapacidade física, se vexa obrigado a vagar polo mundo, atoparse con penurias, fame, xente que abusa del, e a pesar de todo aprender, ter bo corazón, valerse por si mesmo, seguir adiante e disfrutar da vida como el sabe facelo. Lábrase un futuro e arríscase cunha operación complicada para sentirse realizado, pero añora a liberdade dos camiños e decide o seu tráxico final.

PEDRO

É un rapaz consentido, mimado, ten de todo, pois diso encargase a tía. Tamén lle consegue os traballos e convérteo nun verdadeiro inútil, pois ao longo do libro se ve de sobra. Só cando demostra un macabro arrebato de decisión consegue ser respectado por alguén.

RECOMENDACIÓN

Os rapaces da miña idade, á hora de escoller un libro non nos decantamos por obras literarias dese tempo, a menos que sexa obrigado, mais recoñezo que a historia é sinxela, divertida, curiosa e dá que reflexionar. Recoméndolla a maiores, xoves e cativos o único problema é que usa un galego con metáforas e refráns de antano.

FRASE QUE MÁIS ME GUSTOU

“Como non se comen as pedras quedan seguras as Catedrais”.

FRASE COMPLICADA

“O sosego perdurado pesáballe xa na ialma deica renegar da vida, como un eucalipto nada entre os railes do tren ou a mosca que nasce no inverno”.

PALABRAS DIFíCILES

Lambe-foles, apouvigado, achuídos, abufíne, ceifa, lene, donosía, proídos, camanduleiro, araxinas,enlordada, compango,”dies irae”…

NURIA RAMA FARIÑA

 

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA