A Confederación ANPAS GALEGAS,  xunto coa Federación de ANPAs da Costa da Morte, organiza en cooperación cos centros públicos da Laracha unhas  xornadas (29 e 30 de abril), homologadas pola consellaría de Educación (10 horas), co obxectivo primordial de xerar un tempo e un espazo no que aprender da diversidade e aprendermos xuntos nais, pais e profesorado. Porque a todas e todos nos move un único interese: mellorar as prácticas educativas, atendendo á diversidade do alumnado.

Aproveitarase ademais para poñer en valor e difundir boas prácticas, que a todas e todos nos poden servir de modelo.

COMO INSCRIBIRSE NAS XORNADAS:

NAIS, PAIS E OUTROS COLECTIVOS INTERESADOS: na páxina do IES Agra de Leborís, pinchando no cartaz das xornadas accédese ao formulario que hai que cubrir.

PROFESORADO: Na páxina fprofe da Consellaría, na pestana de inscricións, buscando actividades en prazo.

HAI SERVIZO DE LUDOTECA para nenas e nenos de 3 a 10 anos. Para solicitar este servizo, hai que acceder á páxina do IES Agra de Leborís, cubrindo o mesmo formulario que as familias.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA