I Certame Poético IES da Pobra do Caramiñal

0
118

Organiza: Biblioteca e Grupo Sisma.

Colaboran: Departamento de Lingua Galega, Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Departamento de Lingua Castelá

Convócase o Certame Poético do IES A Pobra do Caramiñal.

BASES:

1. O Certame terá 2 categorías, segundo a etapa educativa na que se encontre o alumnado que desexe participar:

  • A) 1º, 2º  e 3ºESO
  • B) 4º ESO, Bacharelato e Ciclos

2. Poderá participar calquera persoa que sexa alumna do centro no curso académico 2015-2016.

3. Cada participante poderá presentar cantos poemas ou producións de prosa poética desexe e na categoría da etapa educativa na que se atope no presente curso.

4. A temática e extensión das composicións é libre.

5. As persoas participantes deberán entregar os seus textos asinados con pseudónimo acompañados dun sobre pechado no que deberán introducir unha folla cos datos identificativos (nome e apelidos, curso e pseudónimo co que participa).

O lugar onde deberán ser entregados os textos será a Biblioteca.

7. O prazo para a presentación no certame remata o venres 20 de maio ás 12:40.

8. O fallo do xurado e a entrega do premio ás persoas gañadoras terá lugar despois do recital de poesía organizado ao efecto, coincidindo coa presentación da antoloxía teatral da asociación NÓ teatro. A data queda aínda por determinar.

9. Establécense 2 premios ( cada un consistirá en varios libros de poesía xunto a un bono de 25€ para gastar na Librería Ler), un por categoría. Porén, en caso de que así o considere o xurado poderá ser entregado algún accésit en calquera categoría no caso de ter calidade ou de que non haxa gañador nalgunha outra categoría.

10. A presentación dos poemas ao certame supón a cesión dos dereitos sobre estes para poderen ser lidos ou representados.

11. Ao inscribirse é necesario indicar se o autor desexa ou non representar ou ler o seu poema.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA