A Orde do 27 de abril de 2016, publicada o 16 de maio, regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2016/17.

Prazo para presentar solicitudes
  • 1. O prazo para presentar solicitudes xa está aberto e rematará o día 23 de xuño de 2016 (incluído).
  • 2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo de un mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017.
  • 3. O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17 tamén poderá presentar a solicitude no prazo de un mes desde a formalización da matrícula. 

    Información e descarga da solicitude 

    Orde do 27 de abril de 2016 (DOG)

    Librarías incluídas no programa axudaslibros

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA