O pasado venres 13de maio entregáronse na Casa da Cultura do Milladoiro, os premios do XIII Certame literario Concello de Ames (A Coruña). Desde o IES da Pobra do Caramiñal queremos parabenizar a todas as persoas premiadas pero temos ademais a sorte de contar cunha desas persoas entre o noso alumnado.

acto letras galegas 2016 ames

Trátase de Andrea Sanjurjo Martínez, que está a cursar 1º da ESO e que ademais forma parte do Movemento Sisma, grupo artístico creado este ano no noso instituto. Andrea acadou o 1º premio na categoría de ata 13 anos, na modaliade de poesía, co poema titulado Pingas de abril.

20160513_204320_HDR

O acto de entrega de premios serviu de homenaxe a Manuel María, unha das voces poéticas fundamentais da literatura galega do século XX e a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas.

20160513_213313_HDR

Oxalá este premio anime a Andrea, e ao resto do noso alumnado, a seguir gozando da creación literaria en xeral e da poesía moi en particular.

4.5 (90%) 4

1 COMMENT

LEAVE A REPLY