The Times They Are a-Changin’

Come senators, congressmen
Please heed the call
Don’t stand in the doorway
Don’t block up the hall
For he that gets hurt
Will be he who has stalled
There’s a battle outside
And it is ragin’
It’ll soon shake your windows
And rattle your walls
For the times they are a-changin’.

“Como era posible? Sara sentía que as palabras daquela canción, escritas cando ela aínda non nacera, explicaban con singular precisión todos os problemas que desde había días non conseguía arredar da súa cabeza. Nelas atopaba reflectidas as súas preocupacións, expresadas cunha claridade cegadora. Aqueles versos viñan sendo como unha fermosa metáfora de todo o que estaba a escribir no seu Informe! Mirou para o cantante, que agora tamén a ollaba a ela.

-Que canción máis fermosa! -dixo Sara-. E non só a música; a letra pareceume extraordinaria.

-Estou de acordo con vostede. Bob Dylan ben merece que o lembremos como un dos grandes poetas do século XX -contestou o home-. Sabe que estes versos teñen case cen anos? Quen o diría, mesmo parece que se escribiran hoxe mesmo.”

Agustín Fernández Paz, O centro do labirinto
1175037

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA