Premio PFPP 2016

O noso instituto vén de recibir outro premio, neste caso o Premio Proxecto de Formación Permanente do Profesorado 2016 – CAFI ao traballo desenvolvido durante o Plan de Formación do curso pasado.

O premio ten unha dotación económica de 2000 € para o Plan de Formación Permanente do Profesorado do centro.

Gustaríanos felicitar tamén os outros centros galardoados, o CRA Ponte da Pedra de Carballo, o CPI As Mirandas de Ares, o IES Fontem Albei da Fonsagrada, o CEP Antonio Magariños Pastoriza de Cambados, o IES Pino Manso do Porriño e o CEIP Xosé Fernández López do Porriño.

Parabéns para todos os participantes no PFPP e especialmente para:

Alumnado: 1º ESO curso 2015-16

Coordinadora: Pilar Ponte

Profesorado: Ana Bueno Lema, Eva Fernández Sieira, Luciano Fernández Martínez, Isabel García Castaño, Anxo Rei Lagos, Claudio Rodiño Caramés e Lucía Somoza Rey.

screenshot-www.lavozdegalicia.es 2016-12-06 23-05-51

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA